Un dos libros que leu este curso o Club de Lectura de 1º da ESO foi Candorcas e unicornios de María Canosa. Despois de compartir as reflexións sobre a lectura, decidiron crear un photocall -no que aparecen personaxes e símbolos importantes da novela- que aproveitaron para divertirse tirando fotos e facer recomendacións do libro. Unha actividade que serviu para profundar no significado e goce do libro e, que se inclúe no Contrato Programa Innova de Fotografía que levamos a cabo no noso Centro.
https://www.youtube.com/watch?v=qsBDG3vCyGM