Foi un libro interesante.
Cada capítulo deixaba un final aberto que te incitaba a seguir lendo, por isto é
unha lectura que engancha. Os personaxes eran reais, cada un con aires de
misterio diferentes, o cal che facía querer seguir sabendo máis deles, pois
todos tiñan unha historia que contar. Ao principio un liábase moito, debido á
gran cantidade de nomes e aos saltos temporais que facía a autora
constantemente. Recomendamos este libro porque nos gustou moito.