O domingo 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS, e dende o Equipo da Biblioteca aproveitamos a ocasión para gravar co alumnado de 1º ESO un vídeo moi especial sobre a nosa biblioteca.
Como o lema deste ano é "A biblioteca ten a palabra" quixemos que o novo alumnado presentara e dera a coñecer un pouco máis como é, e o qué facemos na biblioteca do noso instituto.
Os nosos actores e actrices de 1º da ESO fixeron un traballo marabilloso no que presentan os recunchos da nosa biblioteca.
Parabéns polo traballo realizado!
Esperamos que vos guste 😉😉😉