Pronto comezaremos a desenvolver de novo o fío musical do noso instituto 😁
Dende a biblioteca, cada dúas semanas escolleremos catro cancións de música en galego que soarán na entrada, na saída e nos recreos 🎧𝄞𝄞
Ademais, para saber que música estamos a escoitar publicaremos nun dos taboleiros da biblioteca e no noso Blog a información dos discos e das cancións que nos acompañarán durante o periodo de dúas semanas 👀