EXPOSICIÓN DE BOIX, O FOTÓGRAFO DE MAUTHAUSEN


Bo día a tod@s!

Dende a biblioteca do IES Maximino Romero de Lema queremos informar que entre o 23 de setembro e o 10 de outubro o noso centro contará coa exposición O fotógrafo de horror. A historia de Francisco Boix e as fotografías roubadas ás SS de Mauthausen.

Francisco Boix con apenas dezaseis anos fuxiu do avance das tropas fascistas na Guerra Civil Española para rematar internado no campo de exterminio de Mauthausen en 1941. Aproveitando o seu oficio de fotógrafo, Boix foi acumulando numerosas fotos das atrocidades cometidas polos nazis así como os rostros dos executores, o que serviría como proba durante os xuízos posteriores á liberación dos campos. 

No IES Maximino Romero de Lema traballamos na seguridade de que unha sociedade só pode avanzar se entende o pasado para non repetir os erros. Nada mellor que coñecer de primeira man o traballo de Boix para, a través de actividades didácticas e pedagóxicas, afondar no que significaron tanto a segunda guerra mundial como a “Solución Final” que supuxo o asasinato masivo de millóns de persoas por seren, simplemente, diferentes.

Animámosvos a visitala e agardamos que sexa do voso agrado!