IMAXES PARA LER, LER PARA IMAXINAR

O 23 de abril celebramos o Día do Librocon motivo desta celebración desde a Biblioteca e desde o Club de Lectura organizamos un concurso de fotos artísticas e orixinais. Para participar só tedes que enviar unha fotografía vosa lendo un libro (en galego) en calquera lugar do voso confinamento. 
Tedes ata o luns 20 de abril, como data límite para facer as vosas achegas. 

As fotografías serán valoradas e a máis orixinal das enviadas terá premio. Aquí vos deixo unha proposta.


ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!