LEDICIA COSTAS NA BIBLIOTECA DO IES MAXIMINO ROMELEDICIA COSTAS

O 18 de decembro recibimos na Biblioteca a Ledicia Costas, unha das autoras máis recoñecidas actualmente.
Para comezar recibiu o club de lectura de 1º ESO, que a bombardearon con cuestións relacionadas con Escarlatina, a cociñeira defunta. A autora ante a paixón que amosaban, animounos a ler a segunda parte: Esmeraldina, a pequena defunta, e... xaora que o van faceer!
A continuación tivo lugar o encontro con varios dos personaxes de A balada dos unicornios, interpretados polas alumnas do club de lectura de 2º ESO.  A autora amosouse gratamente sorprendida e inmortalizamos o momento nunha improvisada sesión fotográfica. Tamén houbo tempo de intercambiar opinións, dúbidas... Ledicia ata nos fixo un descubrimento do que algunhas non nos decataramos na lectura do libro.
Finalmente tivo lugar o encontro da autora co alumnado de 1º de bacharelato no que autora comentou diversos aspectos da exitosa obra Infamia e anunciounos unha SEGUNDA PARTE!!!





Moitas grazas Ledicia por esta intensa visita literaria.