Nesta época do ano moitos dos adornos no noso entorno son figuras xeométricas en dúas ou tres
dimensións, teñen simetrías, fan patróns repetitivos...; en xeral, as matemáticas seguen presentes no
noso día a día, como representa o taboleiro feito polos alumnos de Matemáticas aplicadas (4º ESO)
e de Obradoiro de Estatística. Aparecen tamén quebracabezas alxébricos e numéricos, unha boa
distracción no noso tempo libre.