ROTEIRO LITERARIO CLUB DE LECTURA


O luns 27 de Maio o Club de Lectura do noso centro, Baiolendo, tivo un encontro cos clubs de lectura do IES Fin do Camiño (Fisterra) e do CPI de Zas. Fixemos un roteiro literario baseado na lectura de Volverás Golfiño de Andrea Maceiras, Rosaura e o mar de Luz Beloso e o álbum ilustrado Man de Camelle de Carme Hermo.
Ás once da mañá tivemos o punto de encontro dos clubs de lectura en Camelle, onde fixemos unha visita guiada ao Museo e á casa de Man de Camelle.
A continuación dirixímonos cara ao Cemiterio dos Ingleses, a Praia do Trece e o faro de Cabo Vilán. Compartimos un xantar na praia O Ariño (Xaviña) e dende alí visitamos o pobo de Santa Mariña, no que fixemos unha andaina gozando da fermosa paisaxe e achegándonos á vida mariñeira.



E este é o video do club de lectura: AO SON DA LECTURA, que resume a andaina literaria do club BAIOLENDO ao longo de todo este curso 2018/19.