PREMIO PLANETA 2021

 O Premio Planeta 2021 foi para a novela "La Bestia" de Carmen Mola, un seudónimo que quedou desvelado  e detrás do cal non había ningunha muller, xa que pertence a tres amigos escritores e guionistas: Antonio Mercero, Agustín Martínez e Jorge Díaz. 



BENVID@S AO NOSO CLUB DE LECTURA

CLUB DE LECTURA 21/22

Hoxe celebramos a primeira xuntanza con todo o alumnado que participará nos clubs de lectura deste curso 😁😁😁

Cada grupo coñeceu o libro co que vai comezar esta nova andaina e tamén degustamos unha boa merendola cumprindo as normas 😊😊😊

























PREMIO NOVEL DE LITERATURA 2021

O novelista tanzano Abdulrazak Gurnah gaña o Premio Nobel de Literatura. A academia sueca, que concede o galardón, premiouno pola "súa penetración intransixente e compasiva dos efectos do colonialismo e o destino do refuxiado no abismo entre culturas e continentes". 



PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2021

 O escritor Diego Corbalán Hernández, máis coñecido como "Magius" gaña o Premio Nacional de Cómic coa obra "Primavera para Madrid", destacada polo xurado "pola valentía e riqueza da proposta argumental". 







PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2021

 O escritor Xosé Monteagudo Folgar gaña o Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra "Eternity", pola actualidade e trama relacionada coa precariedade laboral e o mundo dixital, e a súa relación coas redes sociais.



FÍO MUSICAL OUTUBRO

 

OUTUBRO

Entrada da mañá: A porta violeta, de Son de Cabana

1º recreo: Muller, de Ses

2º recreo: Querémonos libres, de Cuarta Xusta

Entrada da tarde: Son muller, de MBCP